A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a preto de 100.000 galegos.
Que servizos se prestan?
Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
Como pido cita?
Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
25 N en Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarCurso PRIMEIROS AUXILIOS E RCP
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarInscrición online tamén dispoñible aquí: https://onx.la/19f83
Sesión ordinaria do Pleno da Corporación
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Corporación xermadesa reuniuse o pasado xoves 9 de novembro en sesión ordinaria para tratar asuntos de grande relevancia para a xestión municipal:
1º. Aprobación do Plan de ordenación de recursos humanos para a redución da temporalidade no Concello de Xermade no período 2023-2026: co que se prevé aprobar unha Oferta de Emprego Público extraordinaria antes do 31/12/2023 a fin de incluir tres prazas que se atopan vacantes na Relación de Postos de Traballo en vigor: Informe-proposta da Plan de ordenación de RR.HH.
2º. Aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2024-2026, que trae como novidade un aumento significativo do importe das axudas a asociacións para o fomento de actividades culturais e deportivas de interese municipal: ANUNCIO APROBACIÓN PLAN EXTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2024-2026
3º. Aprobación do orzamento do exercicio 2024 e documentación anexa: MEMORIA DA ALCALDÍA
Por outra banda, douse conta do Plan anual de contratación aprobado pola Alcaldía, así como do Período Medio de Pago correspondente ao 3º trimestre deste ano, que é de 9,44 días.
O Pleno acordou conceder dúas bonificacións do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras a SAT AS CAVADAS, por dúas obras relacionadas coa explotación gandeira da que é titular en As Cavadas e Aboelle.
GALICIA SABE AMAR
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarGALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Catro foodtrucks traerán o sabor das rías galegas e produtos galegos ó Concello de Xermade, onde a veciñanza poderá degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
Curso AUTONOMÍA E MANTEMENTO DAS ACTIVIDADES DIARIAS
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarInscrición online tamén dispoñible aquí: https://acortar.link/xnFMnL
Curso de Autodefensa para Mulleres Ante Situacións Violentas
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarOs próximos venres 17 e 24 de novembro, na Biblioteca Municipal de Xermade, terá lugar un curso de “Autodefensa para Mulleres Ante Situacións Violentas” monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Este curso forma parte das actividades programadas de cara ao 25N polo Concello de Xermade. A participación é libre e gratuíta.
Inscricións: por whatsapp no 678 74 41 78 (Educadora familiar)
Programa de compostaxe doméstica
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Concello de Xermade continúa coas medidas de implantación do programa de compostaxe doméstica iniciado no 2019 coa solicitude de 25 composteiros a SOGAMA para iniciar a compostaxe in situ.
No 2020 solicitouse unha subvención conxuntamente co Guitiriz para compostaxe doméstica e para o CEIP Xermade.
Ao abeiro da Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (código de procedemento MT975P), publicada no DOG n.º 112 o 14 de xuño de 2023, solicitouse a adquisición de 103 composteiros domésticos, que serán repartidos entre a veciñanza que o solicite voluntariamente, a fin de cumprir o compromiso de implantar a compostaxe doméstica do 100% dos biorresiduos xerados antes do 30 de decembro de 2025.
Recepción dunha miniexcavadora para o Concello de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO pasado martes 31 de outubro o alcalde, Roberto García Pernas, e o primeiro tenente de alcalde, José Prieto Barro, recibiron o vehículo destinado ao servizo de medio ambiente e obras do Concello de Xermade, unha retroexcavadora modelo SUWARD SWE35UF servida pola empresa asturiana Transfaya SL. O custe do vehículo ascende a 58.685,00 euros.
O Concello de Xermade precisa dun vehículo destas características para a protección do medio ambiente e do espazo natural. O acondicionamento e conservación dos camiños rurais e pistas forestais lévase a cabo con maquinaria e a mini retroexcavadora é necesaria para realizar pequenos movementos de terras e gabias que permitan a canalización de augas pluviais.
O vehículo é financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, liña de concorrencia non competitiva, anualidade 2023, por importe de 30.133,49 euros. O Concello de Xermade achega 28.551,51 euros.
Coidados porta a porta
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a preto de 100.000 galegos.
Que servizos se prestan?
Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
Como pido cita?
Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Comezan as obras da depuradora do Campo da Feira, en Momán
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xermade asinaron un convenio de colaboración o 7 de outubro de 2021 para o financiamento, execución e entrega das obras de saneamento e depuración para o núcleo do Campo da Feira.
O Concello de Xermade comprometeuse a adquirir os terreos necesarios para a construción da depuradora, e a tal efecto adquiriu as oito parcelas necesarias para ubicar a infraestrutura, investindo un total de 6.874,50 euros.
O pasado 14 de outubro, a Confederación remite a segunda addenda para o reaxuste de anualidades inicialmente previstas, que pasan a ter os seguintes importes:
ADMINISTRACIÓN
2021
2022
2023
2024
TOTAL
CHMS, O.A.
14.480,00 €
6.829,18 €
120.000,00 €
114.690,82 €
256.000,00 €
CONCELLO
DE XERMADE
3.620,00 €
1.707,30 €
30.000,00 €
28.672,70€
64.000,00 €
TOTAL
18.100,00 €
8.536,48 €
150.000,00 €
143.363,52 €
320.000,00 €
A Xunta de Goberno Local aprobou esta segunda addenda na sesión ordinaria que se celebrou o pasado 18 de outubro de 2023.
O inicio das obras é inminente e prevese que estean rematadas no ano 2024.