Actividade musical con Ajayu dúo: “Arbolito y la Abubilla”
/in Uncategorized @gl /by Educadora Familiar“Arbolito y la Abubilla” é un conto musical orixinal de Ajayú Dúo, cantado nun divertido concerto interactivo para gozar en familia. Arbolito é o personaxe principal do conto e a narradora é a Abubilla. Unha historia de transformación persoal que reivindica a necesidade de dedicar o noso tempo ao que amamos.
Público familiar
XIX Festa das Persoas Maiores do Concello de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO próximo venres 6 de setembro de 2024 terá lugar a XIX Festa das Persoas Maiores coa seguinte programación:
13:30 Misa Solemne na igrexa de Santa María de Xermade
14:30 Xantar no pavillón municipal
17:00 Baile amenizado polo Dúo Venus
As bases que han de rexer o acceso á actividade son as seguintes:
1º. Destinatarios da actividade.
As persoas destinatarias da actividade son as seguintes (empréganse os mesmos criterios de acceso ao programa de turismo do Imserso):
A) As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
1º. Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
2º. Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do sistema de Seguridade Social español.
4º. Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
5º. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade.
B) Españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan algún dos requisitos incluídos no apartado 1.a).
C) Españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
As persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe ou, no seu caso, por parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, ou dun/ha familiar, sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión.
No caso de que haxa máis inscricións que prazas, terán preferencia as persoas empadroadas no municipio de Xermade.
O número máximo de asistentes será de 300.
2º. Prezo público.
· 15,00 € para persoas empadroadas no Concello
· 30,00 € para persoas non empadroadas no Concello
O prezo público aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 17/07/2024 publicouse no BOP n.º 177 o xoves 01/08/2024.
3º. Prazo de inscrición.
As persoas que cumpran os requisitos contemplados na base 1ª inscribiranse no Rexistro municipal, sito na Casa do Concello de Xermade, no período comprendido entre o 19 e o 30 de agosto de 2024, en horario de atención ao público (08.30 a 14.30 horas). O pagamento do prezo público farase en efectivo.
A condición de destinataria da actividade debe ser acreditada pola persoa interesada no momento da retirada do tiquet
A condición de empadroado/a será comprobada de oficio polo Concello de Xermade.
No caso de que algunha persoa inscrita non poida asistir ao evento, devolverase o prezo público só naqueles casos en que se acredite unha causa xustificada que impida a asistencia, previa solicitude da persoa interesada.
Feira de Momán
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO próximo domingo 21 de xullo, dará comezo de novo a Histórica Feira de Momán no Concello de Xermade, que se celebrará os domingos entre o 16 e o 22 de cada mes, recuperada pola Sociedade Recreativa e Cultural de Momán.
As persoas que nos visiten poderán atopar postos de polbo, churrasco, pan, empanadas, produtos do campo, enxoval, roupa, calzado, embutidos, froita, e por suposto, música tradicional, que nesta xornada virá a Momán da man de A.C. de Andrade e grazas ó programa TRADIGALU da Deputación de Lugo.
Como din na Feira de Momán, “Se a feira queres conservar, na de Momán tes que mercar”.
XVII Campamento de verán: XERMADE CONCILIA 2024
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarServizo lúdico e educativo do Campamento infantil de verán “Xermade Concilia 2024”: Servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-16 anos, durante os períodos de vacacións escolares de verán cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Haberá saídas/excursións, pernocta…para que os/as rapaces coñezan mellor a súa contorna (Parque acuático de Cerceda, praia…).
O Campamento de verán “Xermade Concilia 2024” desenvolverase nas vacacións escolares de verán, do 29 de xullo ao 16 de agosto. Horario: 9.00-14.00 horas. Non se inclúen na actividade o luns 12 e o xoves 15 de agosto, ambos festivos.
A responsabilidade do control e coidado dos/as nenos/as polo monitorado responsable abrangue exclusivamente a franxa horaria de funcionamento dos servizos.
Instalacións autorizadas polo Concello de Xermade serán a nave, campo de fútbol e carballeira na parroquia de Momán, e o pavillón municipal de Xermade para a pernocta e a mañá seguinte.
O campamento só se poderá poñer en marcha se hai un número mínimo de 8 crianzas, e un máximo de 60, e se as normas sanitarias en vigor no momento da realización do campamento permiten a realización do mesmo.
As datas das excursións e pernocta serán especificadas pola empresa adxudicataria. Para as excursións haberá un máximo de prazas, determinadas pola capacidade do autobús. Estas prazas asignarase por orde de entrega da documentación requerida pola empresa organizadora da actividade.
O Concello de Xermade ten solicitada unha axuda á Secretaría Xeral de Igualdade para a realización do campamento. No caso de que non se obteña o financiamento necesario para realización do campamento, o Concello pode cancelar a actividade.
Documentación necesaria para a inscrición xunto cos Anexos I e II:
• Fotocopia do Libro de familia e/ou título de familia numerosa
• Fotocopia do DNI dos pais/nais
• Fotocopias dos DNI das persoas autorizadas para a entrega e recollida das/os nenas/os.
• Fotocopia do DNI do/a neno/a
• Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o nena/o
• Declaración xurada de ingresos, ocupación e información sanitaria (Anexo II).
• Acreditación da situación laboral: activo (pode acreditarse a través da parte de arriba da última nómina) ou desempregado/a (coa tarxeta demandante de emprego)
Financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade