Convenio coa Asociación Cometa

O Concello de Xermade e a Asociación Cometa asinaron un convenio de colaboración para atender animais abandonados no municipio en xaneiro de 2021.

Desde entón, Cometa faise cargo dos animais recollidos polo concello, asumindo o seu coidado e alimentación ata que sexan recuperados, cedidos ou adoptados.

Por tanto, para calquera aviso por parte da veciñanza, chamen ó concello ó 982 50 10 02 en horario de mañá e ó 112 en horario de tarde.

https://asociacioncometa.org/