Para os amantes da prehistoria e a arqueoloxía recoméndase unha visita polos castros e medoñas que salpican o territorio municipal e  achegarse ás distintas igrexas parroquiais e á Escola Habanera de Roupar.  Existen espacios apropiados para rutas de sendeirismo, nos fermosos vales que forman os ríos Trimaz e Labrada, ricos en troitas; onde se ubican varios muíños de auga e polas  zonas montañosas da Serra da Loba ( Sotavento) e da Serra da Carba; onde na cima do monte Castelo de Goía se ergue unha xigantesca pena denominada “ O Peñote “.  Nela construiuse un fermoso miradoiro de pedra e madeira, ó cal se accede a través dunha longa e costenta escaleira tamén de pedra (132 chanzos).  Dende esta magnífica atalaia podemos admirar a paisaxe das Serras da Carba e do Xistral, onde a vexetación autóctona se combina coas moles de pedra granítica que afloran das entrañas da terra.  Ó pé da rocha, unha área medioambiental con fonte e merendeiro completan as dotacións desta paraxe natural. Un paseo polo rego de Trasdamosa en Lousada ofrece sensacións de retorno a tempos pasados observando muíños, moa, batán e un curso de auga cristalino entre moles graníticos e unha vexetación de carballos e acibros centenarios.

RUTA DO BATÁN DE FOLGOSO

RUTA XERMADE-SOTAVENTO

RUTA DOS PASOS DA PONTENOVA

RUTA DO RÍO TRIMAZ

RUTA DO CAMIÑO REAL DA CARBA

ESPAZOS NATURAIS. A NATUREZA CONVERTIDA EN ARTE.

Área recreativa de Cabreiros.- Zona de descanso e lecer nun bosque autóctono de ribeira, a carón do río Trimaz. Dispón de merendeiro, praia fluvial e instalacións deportivas.

Área recreativa e miradoiro do Castelo de Goía.- O miradoiro en plena Serra da Carba, está a 871 metros de altitude. Unha escalinata de 132 chanzos lévanos a un punto no que se poden contemplar magníficas vistas das comarcas da Terra Chá, Eume e A Mariña Occidental. Ao pé do miradoiro sitúase un pequeño merendeiro cun amplo aparcamento.

Carballeira do Campo – Roupar.- Frondosa carballeira que permite disfrutar de momentos de lecer. Nela celébranse actividades festivas ao longo do ano.

Carballeira do Campo da Feira de Momán.- Das fermosas feiras de Momán, entre as máis importantes do contorno, queda case intacto o seu emprazamento. O Campo da Feira está dominado polas árbores autóctonas que noutras épocas deron sombra ás persoas e ao gando que acudía á cita mercantil e salpicado de numerosas moas para comidas á súa sombra.

Área recreativa da Charca dos Patelos ( Candamil ).- Recuperada recentemente a partir do manancial con zona de augas curadoras, a Charca dos Patelos está próxima ao río Trimaz, no complexo húmido Parga-Ladra-Támoga. Zona recreativa e de lecer, no medio dunha frondosa vexetación, a escasa distancia dos Pasos da Pontenova e do Cruceiro do Barro.