Obradoiro de Ilustración

ilustracion

Curso de fotografía dixital, de 30 horas de duración.

Curso de fotografía dixital, de 30 horas de duración.

Podedes traer cámara dixital, réflex, teléfono móbil, Ipad, ….

curso_fotografia

 

Curso protocolo e comunicación social

IMG-20150326-WA0000

Charla obradoiro coñecer os recursos sanitarios

IMG-20150326-WA0003

XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones

“A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Día: Sábado- 21 de febreiro de 2015

Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela

Prazo de inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015

Poderá atopar o programa e a solicitude de inscrición na web (http://igualdade.xunta.es) , no folleto e arquivos que se adxuntan.

Formulario de Inscripción

O concello de Xermade, a través da Educadora Familiar (Manuela) está xestionando a forma de ir en grupo as familias interesadas.

As familias que desexen participar nesta Xornada gratuita, poden poñerse en contacto nos teléfonos: 982 – 50 11 08 e 678 744 178 ata o venres ás 11 da mañá. O Concello de Xermade poñerá un bus para as familias que desexen acudir á Xornada. Deberá de xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

Aviso: Tanto a Xornada como o autobús non teñen custe para as familias. O xantar é por conta das familias.

 

XIII-Xornadas-Cartel_A3

Programa_XIII_Xornadas-Diptico2

QUERES DEIXAR DE FUMAR? TERPIA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2015

tabaco

O Servizo de prevención de drogodependencias da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade informa da próxima edición da Terapia de Deshabituación Tabáquica 2015 destinada a toda a veciñanza dos concellos agrupados que desexen abandonar a adición ó tabaco.

O Programa de deshabituación tabáquica, completamente gratuíto, desenvolverase nos meses de marzo e abril nunha sesión semanal durante 7 semanas consecutivas, nas que os participantes aprenderán a vivir sen tabaco có apoio profesional da psicóloga   Roza Marina Zas Castro, da AECC.

O lugar e hora de desenvolvemento do programa fixarase en función das persoas  interesadas en cada concello. As inscricións recolleranse nos concellos da agrupación, para máis información www.prevenciondedrogas.es ou prevenciondrogas@rabade.org.

Entroido infantil

Entroido_Infantil_2015

14 e 15 de Febreiro – Sábado e Domingo: Entroido infantil de 4 a 7 da tarde no pavillón polideportivo de Xermade. Prazas limitadas. Inscricións no concello ou por teléfono: 982501108 – 678744178 (Manuela). Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade.