TURISMO RURAL.

A PENA DE CANDAMIL. Tlf.: 637 590 787

Casa típica galega de labranza situada na parroquia de Candamil, pertencente antigamente ao foro do Marqués de Camarasa, con máis de 400 anos de antigüidade. Está rodeada de prados, regatos, bosques e agrupacións rochosas que fan de miradoiros. As obras de rehabilitación realizáronse co maior respecto e para ofrecer todas as comodidades.

Ao terreo de 8400 m2 pertencen outras edificacións antigas: un palleiro, un forno de pan, unha capela…todo iso en perfecta harmonía con zonas de ocio: barbacoa, xardíns, piscina, cancha de tenis ou ping-pong.

Preto da casa pódense realizar diversas rutas a pé ou en bicicleta por zonas de prados, fragas e polas ribeiras dos ríos Trimaz e Labrada.

http://apenadecandamil.es/

A FRAGA, ALDEA ARTESÁN DE GALICIA. Tlf.: 982 188 322

Situada na parroquia de Cazás.  A Aldea Artesán de A Fraga é un proxecto integral do Turismo Rural que engloba a tradición artesán e a gastronómica.  Os edificios rehabilitados, respetan ó máximo as características da arquitectura tradicional coa pedra e a madeira como protagonistas.  Ademáis de facer reproducción de mobles, propios ou por encargo, tamén restauran pezas cun presuposto previo.

 www.casadafraga.com

A CASA DE XACOBE. Tlf.: 982 501 028.

Situada no lugar do Reguengo, na parroquia de Cabreiros.  Casa de labranza totalmente restaurada, que se compón de tres edificios independentes. Unha vivenda completa para aluguer, outro edificio con catro habitacións e o terceiro destinado a zona de lecer.

www.toprural.com

PENSIÓN RESTAURANTE TINO. Tlf.: 982 179 233.

Moderno hotel rural en Momán que combina a boa cociña co servizo hoteleiro, presentando unha moi boa situación para os desprazamentos.

www.tinomoman.es