RUTA XERMADE-SOTAVENTO.

Comezo/fin: Xermade/parque experimental Sotavento.

Lonxitude: 8,9 kilómetros.

Tempo: 4 horas e 30 minutos.

Dificultade: Alta.

Dende o cruceiro do Cristo Enxoito, comeza a ascensión para o parque eólico de Sotavento. Pasamos a carón do muíño do Sixto, e seguimos por pistas de terra ( algún treito asfaltado ), abrigados de carballos e castiñeiros, que acubillan coellos, largartos….Logo de pasar as aldeas da Pena e do Arangón, por terras de laboura, atopamos as Medoñas da Gorita ou da Zaipa. Coa vista en amplas pradeirías e pequenas plantacións subimos ata a Pena da Muller, onde conflúen os límites de Miraz, Momán e Piñeiro. A ruta continúa cara a Fraga do Rego do Aro, dominada por acibros, carballos e fentos reais. O moderno Parque Eólico Experimental de Sotavento, único no mundo, é o destino final desta andaina.