RUTA DO RÍO TRIMAZ

Comezamos o percorrido coa salida do O Chao en Cabreiros, dende a Musealización da antiga Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabreiros donde se atopan os arcos e outros elementos da antiga Igrexa, para seguir ata atopar o Río Trimaz na Ponte da Acea preto da Area Recreativa da Acea e Campo de fútbol. Desplazámonos río arriba pola marxe esquerda, superando o Rego Chancelos ou Portosouto. Bordeando o río entre vexetación autóctona chegamos a Ponte de Isabel II, contruida en tempo da Raiña, hacia o ano 1.863, para salvar o río ó paso da Estrada Rábade –Ferrol. Preto atopamos a ponte sobre a estrada no seu novo trazado e seguindo río arriba a pasamos por debaixo da recén Autovía AG-64 Ferrol – Vilalba, vemos o antigo Muiño da Madeira, rehabilitado, e sobre a Ponte da Madeira cambiamos de lado para seguir subindo polo río ata a Presa do Feal. Presas e pontes humanizan o río acompañadas de árbores de ribeira. Atopamos Ponte do AruxoPortonovo, Ponte e Presa dos Carregás ata chegar a Ponte Baxíndonde nos separamos do Río Trimaz. Diriximonos deixando atrás as frondosas Fragas de Penachaiña donde se observa a actuación na procura de alimentos dos animales salvaxes que viven na entorna, como xabarís ou corzos. Por antigos camiños volvemos preto do Portonovo e ó atopar a estrada Chao – Cabreiros buscamos o cauce do Rego dos Caxigás para seguindo pola marxe dereita veremos o antigo Muiño de Cabreiros, unha ponte de pedra e logo o Muiño do Ferreiro , que ademais do muiño conserva unha antiga Moa. Bordeando a canle do muiño seguimos arriba e desviámonos polo Camiño vello da Carballosa disfrutando da vistosidade das Fragas do San Vitorio ou Carballosa . Chegando á cima iniciamos baixada o longo do monte do espiño para buscar a Fonte da Santa Mariña donde según conta a lenda foi martirizada a Santa brotando tres manantiais donde caiu a súa cabeza ó ser decapitada. Acercámonos cara o punto de partida non sin antes visitar o impresionante Castro que conserva os vestixios da Xermade galaico-romana por proceder a súa construcción da primeira época romana, cando a partir da invasión cambiaron os hábitos tradicionais dos habitantes dos castros en altura para baixar a cotas mais levadeiras e próximos a zonas aptas para o cultivo e o traballo da terra, iniciándose na agricultura e no cuidado de animais domesticados. Atopamos de novo a Autovia AG-64 para chegar ó núcleo do Chao donde iniciamos a ruta pola parroquia despois de percorrer 14,5 km.

Links percorrido:

https://my.viewranger.com/track/details/MTA1NTk3MTc=

https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/trail-trimaz-cabreiros-xermade-38038279