Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca

biblioteca

Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca

Mércores, 30 de decembro ás 17:00 Horas.

Dirixido a nen@s de 2 a 14 anos

Nais e pais tamén poden participar.

É necesaria a inscrición previa.

XERMADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015

Cartel  Actividades VIOXEN 2015 ACTO CONMEMORATIVO DÍA CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO, XERMADE

O Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.

Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.

O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.

Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.

Como convidadas intervirán:

Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia

 Dna. María Loureiro García.  Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.

Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e  Igualdade do Concello de Xermade.

 

Grupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ

Grupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ representa a peza “Xuízo anticorrupción”
Teatro interactivo que busca transformar o lugar de actuación nun escenario real, no que o público intervén como se fose parte da representación.

Grupo-humorístico-Trípode

Curso de iniciación Corel Draw e Photopaint

CURSO_COREL_web

VI CARREIRA POPULAR DE XERMADE, 14 DE NOVEMBRO DE 2015

VI CARREIRA POPULAR DE XERMADE, 14 DE NOVEMBRO DE 2015 (Hai que inscribirse na páxina oficial da federeración e facer o pago telemático)

http://www.carreirasgalegas.com/

CARTEL-CARREIRA-POPULAR-2015

 

DÍPTICO-EXTERIOR_01

DÍPTICO-EXTERIOR_02

PRÓXIMA EDICIÓN DO CURSO

CONVOCATORIA DO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS (INSCRICIÓN GRATUITA)

CARTEL Lote 3 XERMADE

ANUNCIO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL

ANUNCIO-EXPOSICION-PUBLICA-CENSO-ELECTORAL

III INVERNADA DE CINE EN CABREIROS

Cartel A3 final

Trip III Inv final_Página_2 Trip III Inv final_Página_1 Cartel Escachar coa Risa

Un ano máis a Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, poñemos en marcha a III Invernada de Cine, na Casa Escola de Cabreiros. Colabora con esta iniciativa o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

A Invernada dará comenzo o día 7 de novembro, sábado, ás 5:30 da tarde contando para a inauguración co Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas. Seguirá a sesión cunha presentación sobre “Os Fenómenos” a cargo do CEESG e visionado da película. Rematarase a xornada co café faladoiro onde mentres se disfruta dun “tentempé” quentiño falarase das distintas impresións que xerou a película.

O sábado 21 de novembro, Laura e María teñen preparada unha tarde chea de risas onde veremos “videos virais”, pequenos videos que se propagan polas distintas redes sociais entre amizades, familiares… e que moitas veces nos fan “escachar coa risa”.

En Decembro haberá tamén dúas xornadas, o 12 e o 19. O día 12 será adicado ás Lendas relacionadas co concello de Xermade, por isto convidamos a toda a veciñanza e persoas interesadas a participar coas lendas que coñezan e as poidan aportar. Será ás 6 da tarde.

O día 19, ás 6:30 a sesión será “Contos de sobremesa” con Pablo Sánchez “Pablísimo”, podedes coñecelo a través da súa web: www.pablisimo.es

Esperamos que sexa unha invernada agradable para todas e todos.

Esperámosvos na Casa Escola de Cabreiros.