III INVERNADA DE CINE EN CABREIROS

Cartel A3 final

Trip III Inv final_Página_2 Trip III Inv final_Página_1 Cartel Escachar coa Risa

Un ano máis a Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, poñemos en marcha a III Invernada de Cine, na Casa Escola de Cabreiros. Colabora con esta iniciativa o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

A Invernada dará comenzo o día 7 de novembro, sábado, ás 5:30 da tarde contando para a inauguración co Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas. Seguirá a sesión cunha presentación sobre “Os Fenómenos” a cargo do CEESG e visionado da película. Rematarase a xornada co café faladoiro onde mentres se disfruta dun “tentempé” quentiño falarase das distintas impresións que xerou a película.

O sábado 21 de novembro, Laura e María teñen preparada unha tarde chea de risas onde veremos “videos virais”, pequenos videos que se propagan polas distintas redes sociais entre amizades, familiares… e que moitas veces nos fan “escachar coa risa”.

En Decembro haberá tamén dúas xornadas, o 12 e o 19. O día 12 será adicado ás Lendas relacionadas co concello de Xermade, por isto convidamos a toda a veciñanza e persoas interesadas a participar coas lendas que coñezan e as poidan aportar. Será ás 6 da tarde.

O día 19, ás 6:30 a sesión será “Contos de sobremesa” con Pablo Sánchez “Pablísimo”, podedes coñecelo a través da súa web: www.pablisimo.es

Esperamos que sexa unha invernada agradable para todas e todos.

Esperámosvos na Casa Escola de Cabreiros.