Selfie Lix

A Biblioteca Pública de Xermade súmase a esta iniciativa e convócavos a participar no Concurso “Selfie LIX 2019”

Campamento de Nadal 2018-2019

O concello de Xermade pon en marcha unha nova actividade de conciliación para as familias de Xermade dentro do Programa Xermade concilia, medida validada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Este Nadal teremos campamento desde o día 26 de decembro ata o 04 de xaneiro de 2019. Esta actividade será cofinanciada polo concello de Xermade, a UE e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Haberá prazas limitadas e será un campamento gratuito.

Ficha inscrición Anexo I Nadal

Publicación Modificación Bases Campamento Nadal 2018-2019

Pódese consultar a modificación das Bases de acceso do campamento de Nadal 2018-2019.

Estarán dispoñibles no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Xermade, na páxina web do concello e no Taboleiro de anuncios do concello.

20181130_Resolución_DECRETO 2018-0542 [DECRETO APROBACIÓN BASES CAMPAMENTO NADAL]