Campamento de Nadal 2018-2019

O concello de Xermade pon en marcha unha nova actividade de conciliación para as familias de Xermade dentro do Programa Xermade concilia, medida validada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Este Nadal teremos campamento desde o día 26 de decembro ata o 04 de xaneiro de 2019. Esta actividade será cofinanciada polo concello de Xermade, a UE e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Haberá prazas limitadas e será un campamento gratuito.

Ficha inscrición Anexo I Nadal