O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nun concurso de decoración de Nadal, co fin de dinamizar a participación activa da cidadanía, fomentando a súa creatividade, e incentivando a ilusión das máis pequenas e pequenos.
Aquelas persoas que queiran participar deben seguir as presentes bases do concurso:
Primeira.- Categorías e participantes:
As categorías do concurso serán:
1) Vivendas: Árbore de Nadal
2) Vivendas: Nacemento/Belén
3) Vivendas: Decoración xeral interior
4) Vivendas: Decoración exterior
a) Establecementos comerciais e Locais e/ou exteriores de Asociacións veciñais: Decoración xeral
Na participación por vivendas, a inscrición debe facerse a nome dunha persoa empadroada en dita vivenda do concello. Unha mesma vivenda pode escoller participar nas categorías 1), 2), 3), e/ou 4), máximo a catro categorías, mínimo de unha.
Na participación por negocio, a inscrición será a nome da persoa titular do mesmo, e da asociación, dunha persoa da Xunta Directiva. A participación de negocios e asociacións será exclusivamente na categoría a).
Segunda. Temática
O tema do concurso será a festividade do Nadal, os motivos tradicionais da mesma, tendo as persoas participantes plena liberdade no referente a técnicas e estilos.
Terceira.- Criterios de valoración
Dentro dos criterios xenéricos terase en conta a creatividade, orixinalidade e o vistoso do conxunto. Tamén se valorará o uso de materiais naturais e reciclados, así como a introdución na decoración de elementos representativos do Concello de Xermade.
O xurado pode considerar deserta unha categoría se valora que as propostas non reúnen calidade suficiente para ser merecedoras do premio.
Cuarta.- Inscrición
A data de inscrición estará aberta desde a publicación destas bases ata o 19 de decembro ás 14.00 horas.
Para facela efectiva, será necesario enviar por e-mail (educadora.familiar@xermade.org) ou por Whatsapp (678 744 178):
• Categorías 1), 2), 3), e 4): nome, número de DNI e dirección postal da persoa representante (empadroada no concello) con 4 fotografías* por cada categoría á que se presenten.
• Categoría a): o nome do establecemento ou asociación, nome da persoa propietaria do mesmo ou da persoa da xunta directiva, número de DNI, dirección postal do negocio ou do local da asociación e 4 fotografías* da decoración de Nadal escollida para participar.
As persoas que o estimen oportuno, poderán enviar tamén un texto cun breve resumo (máximo 60 palabras) de cousas que considere importantes e non se aprecien ben nas fotos sobre o proceso de elaboración ou elementos da decoración.
(*As fotografías enviadas poderán ser expostas na web e redes sociais do Concello de Xermade. Non se aceptan colaxes.)
Quinta.- Xurado
O xurado estará formado polas seguintes persoas:
Presidente: Don Roberto García Pernas, alcalde presidente do Concello de Xermade.
Vogais:
1º Dona Tamara Rodríguez López, deseñadora e xerente de Mobelrías (Vilalba).
2º Don Ernesto Ares Yáñez, Técnico de Emprego do Concello de Xermade.
3º Dona Tamara Filgueiras Castrillón, Traballadora social do Concello de Xermade.
Secretaria: Dona Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade.
O fallo do xurado e a entrega de premios levarase a cabo nos dez últimos días de decembro.
Sexta.- Premios
O premio por cada categoría será unha cesta valorada en 130 €, conformada por produtos de alimentación e un vale para carburante.
En caso de quedar deserta algunha das categorías, poderase trasladar un segundo premio a calquera das demais.
En caso de empate nas votacións, desempatará o voto dobre da persoa especialista da materia, neste caso, a primeira vogal.
Un mesmo domicilio non pode ser premiado en dúas categorías. De darse esta situación, o premio pasará á seguinte vivenda máis votada da categoría na que resulte premiada por segunda vez, seguindo a orde numérica das mesmas.
Da decisión do xurado realizarase unha acta na que se incluirán o número de traballos presentados, así como as persoas premiadas por cada unha das cinco categorías (catro de vivendas e unha de negocios/asociacións).
Existe crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria 338 48 do vixente orzamento de gastos por importe de 650,00 euros para facer fronte ao presente gasto.
Sétima.-Datos de carácter persoal
Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable polo Concello de Xermade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.
Oitava.- Aceptación
A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que, diante de calquera dúbida, prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros.
O incumprimento das bases suporá a descualificación no concurso. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.
Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia no Concello de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarProgramación de Nadal do Concello de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarParticipación do Concello de Xermade na xornada “O ecosistema galego de comunidades enerxéticas”
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Universidade de Vigo convidou ao Concello de Xermade a expoñer a súa experiencia na constitución dunha comunidade enerxética local, nunhas xornadas celebradas o pasado 21 de novembro de 2024.
A xornada estaba organizada polo Observatorio Eólico de Galicia, e contaba coa colaboración do Centro Interuniversitario de Investigación das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), a Universidade de Vigo e o proxecto EC4Rural, entidades todas elas “aliñadas para traballar no desenvolvemento da transición enerxética dende o ámbito comunitario e sobre todo no medio rural”.
Xunto cos concellos de Vilasantar, Muíños e Moeche, o Concello de Xermade, da man do asesor técnico Fernando Pereira e a secretaria-interventora municipal Cristina Varela, presentou a súa iniciativa XERando, unha comunidade enerxética tamén constituída e que conta co financiamento da FEGAMP a través do proxecto CEL RURAL para unha instalación fotovoltaica que estará executada antes de fin de ano.
http://observatorio.eolico.uvigo.es/2024/11/22/o-ecosistema-galego-de-comunidades-enerxeticas/
25 N con Branca Villares no CEIP Plurilingüe de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarPor motivos alleos ao Concello de Xermade, presentamos un cambio nos obradoiros que desde o concello se levarán ó CEIP Plurilingüe De Xermade.
O obxectivo destes obradoiros é concienciar á rapazada do Concello sobre a igualdade e o respecto, xa que desde a primeira infancia debemos explorar e ensinar valores para previr a violencia de xénero.
Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
BASES DO V CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nun concurso de decoración de Nadal, co fin de dinamizar a participación activa da cidadanía, fomentando a súa creatividade, e incentivando a ilusión das máis pequenas e pequenos.
Aquelas persoas que queiran participar deben seguir as presentes bases do concurso:
Primeira.- Categorías e participantes:
As categorías do concurso serán:
1) Vivendas: Árbore de Nadal
2) Vivendas: Nacemento/Belén
3) Vivendas: Decoración xeral interior
4) Vivendas: Decoración exterior
a) Establecementos comerciais e Locais e/ou exteriores de Asociacións veciñais: Decoración xeral
Na participación por vivendas, a inscrición debe facerse a nome dunha persoa empadroada en dita vivenda do concello. Unha mesma vivenda pode escoller participar nas categorías 1), 2), 3), e/ou 4), máximo a catro categorías, mínimo de unha.
Na participación por negocio, a inscrición será a nome da persoa titular do mesmo, e da asociación, dunha persoa da Xunta Directiva. A participación de negocios e asociacións será exclusivamente na categoría a).
Segunda. Temática
O tema do concurso será a festividade do Nadal, os motivos tradicionais da mesma, tendo as persoas participantes plena liberdade no referente a técnicas e estilos.
Terceira.- Criterios de valoración
Dentro dos criterios xenéricos terase en conta a creatividade, orixinalidade e o vistoso do conxunto. Tamén se valorará o uso de materiais naturais e reciclados, así como a introdución na decoración de elementos representativos do Concello de Xermade.
O xurado pode considerar deserta unha categoría se valora que as propostas non reúnen calidade suficiente para ser merecedoras do premio.
Cuarta.- Inscrición
A data de inscrición estará aberta desde a publicación destas bases ata o 19 de decembro ás 14.00 horas.
Para facela efectiva, será necesario enviar por e-mail (educadora.familiar@xermade.org) ou por Whatsapp (678 744 178):
• Categorías 1), 2), 3), e 4): nome, número de DNI e dirección postal da persoa representante (empadroada no concello) con 4 fotografías* por cada categoría á que se presenten.
• Categoría a): o nome do establecemento ou asociación, nome da persoa propietaria do mesmo ou da persoa da xunta directiva, número de DNI, dirección postal do negocio ou do local da asociación e 4 fotografías* da decoración de Nadal escollida para participar.
As persoas que o estimen oportuno, poderán enviar tamén un texto cun breve resumo (máximo 60 palabras) de cousas que considere importantes e non se aprecien ben nas fotos sobre o proceso de elaboración ou elementos da decoración.
(*As fotografías enviadas poderán ser expostas na web e redes sociais do Concello de Xermade. Non se aceptan colaxes.)
Quinta.- Xurado
O xurado estará formado polas seguintes persoas:
Presidente: Don Roberto García Pernas, alcalde presidente do Concello de Xermade.
Vogais:
1º Dona Tamara Rodríguez López, deseñadora e xerente de Mobelrías (Vilalba).
2º Don Ernesto Ares Yáñez, Técnico de Emprego do Concello de Xermade.
3º Dona Tamara Filgueiras Castrillón, Traballadora social do Concello de Xermade.
Secretaria: Dona Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade.
O fallo do xurado e a entrega de premios levarase a cabo nos dez últimos días de decembro.
Sexta.- Premios
O premio por cada categoría será unha cesta valorada en 130 €, conformada por produtos de alimentación e un vale para carburante.
En caso de quedar deserta algunha das categorías, poderase trasladar un segundo premio a calquera das demais.
En caso de empate nas votacións, desempatará o voto dobre da persoa especialista da materia, neste caso, a primeira vogal.
Un mesmo domicilio non pode ser premiado en dúas categorías. De darse esta situación, o premio pasará á seguinte vivenda máis votada da categoría na que resulte premiada por segunda vez, seguindo a orde numérica das mesmas.
Da decisión do xurado realizarase unha acta na que se incluirán o número de traballos presentados, así como as persoas premiadas por cada unha das cinco categorías (catro de vivendas e unha de negocios/asociacións).
Existe crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria 338 48 do vixente orzamento de gastos por importe de 650,00 euros para facer fronte ao presente gasto.
Sétima.-Datos de carácter persoal
Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable polo Concello de Xermade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.
Oitava.- Aceptación
A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que, diante de calquera dúbida, prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros.
O incumprimento das bases suporá a descualificación no concurso. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.
25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres con varios actos, aos que convidamos a participar a toda a veciñanza.
O obxectivo da celebración é concienciar e educar sobre a igualdade, o respecto e a prevención da violencia de xénero, así como dar visibilización a este problema que nos afecta como sociedade, manifestando a implicación e a loita contra o mesmo.
Teatro “E.L.: EXPECTATIVA LONXANA” de Nova Escena Teatro
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Circuito de teatro afeccionado da Deputación de Lugo trae unha obra de teatro a Roupar (Xermade).
Catro mulleres atópanse de casualidade no mesmo banco nun parque. Cada unha delas quedou alí co que espera sexa o seu novo e definitivo amor. Na espera, o que en principio semella un encontro irreconciliábel, acaba abrindo catro universos íntimos que teñen moito máis en común do que se podería agardar.
As persoas asistentes gozarán con esta actuación que está enmarcada no Circuíto Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Público: a partir de 14 anos
Duración: 60 minutos
CURSOS AFAMMER
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Asociación de familias e mulleres do mundo rural trae a Xermade cursos orientados para mulleres e homes con menores a cargo desde os 3 a 14 anos. Os cursos son financiados polo Ministerio de Igualdade, e acreditados con diploma oficial por Grupo Forma-t.
Os cursos ofertados serían os seguintes:
Samaín 2024
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade celebra o Samaín cunha festa infantil no pavillón municipal.
24 de outubro: Día das Bibliotecas
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO día Das Bibliotecas teremos en Xermade esta obra de teatro, na que se fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés William Shakespeare, contos adaptados para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima.
De este xeito, afrontamos tres das pezas máis recoñecidas autor:
-“Romeo e Xulieta”contada con teatro de obxetos,
-“Otelo” convertindo as personaxes da obra nunhas chamativas e coloridas letras e
-“Hamlet”, contado en clave de comedia apartir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.
Programa Dinamiz-ARTj Promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN)