DÍA DA MULLER RURAL

Concerto de Her Itage: “As que non soan: o patrimonio musical das mulleres”

Sábado 14 de outubro

19.30 horas

Casa Escola de Cabreiros (Xermade)

Estas actividades son postas en marcha co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) a través do programa DinamizartJ, co que se pretende xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados polo proceso de peche de instalacións en zonas de Transición Xusta.

V PREMIO XERMADE NA HISTORIA- 2018

O concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o V Premio de investigación Xermade na historia, financiado pola Deputación de Lugo a través do Plan Único.

Calquera persoa interesada no mundo cultural, etnográfico, histórico, arquitectónico, das tradicións orais, lendas, ritos, mitoloxía, etc, pode participar no Premio.

Lembrar que este premio ten unha dotación total de 3.000€ repartidos en dous premios: Primeiro premio de 2.000€ e Segundo premio de 1.000€.

Os traballos poden presentarse a nivel individual ou en grupo, e teñen de prazo ata o día 15 de febreiro de 2019.

A continuación pódense consultar as bases e o modelo de participación.

BASES ASINADAS POLAS TRES ENTIDADES

MODELO DE PARTICIPACIÓN NO V PREMIO DE INVESTIGACIÓN

 

PRESENTACIÓN DO V PREMIO NA DEPUTACIÓN DE LUGO

 

 

PRESENTACIÓN DO PREMIO NAS XIV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. CABREIROS. XERMADE

 

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=36523&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=es&level=1

 

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL “LETRAS GALEGAS 2018”

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL “LETRAS GALEGAS 2018”

 

Cabalgata dos Reis Magos de Oriente

Cabalgata dos Reis Magos de Oriente

Venres, 5 de Xaneiro, ás 4 da tarde

Estamos moi felices porque este ano as súas farán unha parada no pavillón de Xermade para compartir un ratiño con todas as nenas e nenos que queiran pasar a saudalos e tamén a deixar as súas cartas.
Os paxes das súas Maxestades traerán chocolate quentiño e doce para compartir entre toda a xente asistente.
Esperaremos ás súas Maxestades antes de que continúen o camiño desta longa noite que lles espera.

Esperamos que as súas Maxestades o pasen ben e estén arroupadas por moitas familias de Xermade.
Que a ilusión vos acompañe.

IX CAMPAMENTO DE VERÁN DE XERMADE

O concello de Xermade organiza un ano máis o Campamento de verán para que nenas e nenos disfruten dun tempo de ocio e tempo libre cheo de actividades e divertimento, igualmente para que as familias poidan conciliar os seus tempos de traballo, tempo libre…

Este campamento igual que o de Entroido está cofinanciado polo Concello de Xermade, pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, a través da Subvención da Secretaría Xeral da Igualdade.

Datas: Do 01 ao 12 de agosto

Horario: De 10:30 a 14:00 horas. E temos horario de madrugadoras/es desde as 8:00 para as familias que necesiten este servizo.  Os días das saídas, voltaremos sobre as 20:00 ou 20:30 horas.

Número de Prazas: 50.

Idades: de 3 a 16 anos.

Custe: Gratuito.

ACTIVIDADES: Luns 1:Xogos deportivos e predeportivos (rugby, balonman, fútbol, tenis, tiro con arco, bádminton…),

Martes 2: Visita a unha granxa.

Mércores 3: Obradoiro de cociña onde farán a súa propia masa e as súas pizzas para logo merendar, e tamén obradoiro con froitas.

Xoves 4: Viaxe ao parque acuático de Cerceda.

Venres 5: Repoboación forestal, onde entre todas/os plantarán distintas árbores nunha finca e farán un herbario.

Luns 8: Convivencia co campamento de Esmelle-Covas en Xermade. Xincana de xogos

Martes 9: Saída á praia

Mércores 10: Historia e andaina polo concello, roteiro de fotografía.

Xoves 11: Primeiros Auxilios e proxección de película sobre igualdade.

Venres 12: Festa fin de campamento (inchables, karaoke, wii, partido de fútbol…) Entrega de diplomas.

DOCUMENTACIÓN: Fotocopia dos DNIs das persoas autorizadas a recoller ás nenas e nenos. Fotocopia da tarxeta sanitaria das nenas e nenos. Xustificante ou declaración xurada de estar traballando no período do campamento. Declaración da renda ou declaración xurada de ingresos.

REUNIÓN COAS FAMILIAS: O MÉRCORES 20 DE XULLO, ÁS 12:00 DA MAÑÁ, TEREMOS UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO (2ª PLANTA).

Recomendacións para todos os días:

Traer gorra. Botar protección solar antes de vir ao campamento. Traer roupa cómoda ou deportiva.

Os días das saídas terán que levar protección solar, gorra, roupa de baño, roupa para cambiarse, toalla, chanclas, comida para xantar e merendar, e bebida.

As familias poden acompañarnos nos días das saídas, pero terán que facelo nos seus vehículos particulares.

Todas as nenas e nenos contan cun seguro de accidentes.

Para calquera dúbida, a persoa que será responsable do campamento é Ita Animación.

Cartel Campamento Infantil 2016

A Orixe

00001

Dende a biblioteca de Xermade informámosvos da actividade que temos programada para este mes de xuño:

A Orixe: un espectáculo de contacontos con Raquel Queizás. É unha actividade de Ler conta moito. Será o Mércores, 22 de xuño ás 18:30 h. na biblioteca.

Vai dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Sinopse: Unha exploradora chega á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións o longo do mundo. Ante os ollos do público, a exploradora dramatizará as diferentes lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.

Ao remate desta sesión de narración oral faremos a entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2016”

XII XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. APRENDENDO COS NOSOS MAIORES. Cabreiros, 28 de maio, 4 e 11 de xuño

A Asociación de veciñas/os de Cabreiros, a Facultade de CC. Da Educación da Universidade de Santiago e o Concello de Xermade, poñemos en marcha as “XII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores”, que se celebrarán os días 28 de maio, 4 e 11 de xuño.

Desde a organización gustaríanos facer un convite extensivo a toda a comunidade educativa e veciñal de xeito que entre todas e todos se enriquezcan estas Xornadas.

As Xornadas Interxeracionais Rurais seguen cumprindo anos coa participación de veciñas e veciños do concello de Xermade e tamén de Friol, San Sadurniño, Esmelle (Ferrol) ou Cedeira. Este ano poñeremos en valor a agrogandeiría galega, falarase da situación actual no campo, dos seus problemas e dos novos retos.

Desde Friol e Esmelle traerán a Cabreiros experiencias de Asociacións veciñais que traballan para valorizar o rural coa implicación de veciñas e veciños.

María e Laura, mozas do concello de Xermade, presentarán unha guía das asociacións que temos nas distintas parroquias e remataremos a Xornada con dous grupos de pandereteiras, cantareiras e bailadoras, de 4 a 85 anos que nos acompañan desde San Sadurniño e Cedeira (Escola Municipal de Pandereta “Saime” de San Sadurniño e Asociación Cultural Aturuxeiras de Cedeira).

Pola tarde emitirase un fermoso programa de radio dirixido por dous expertos periodistas, onde se dará voz ás asociacións que nos contarán os seus proxectos e historia e tamén á xente do público que desexe participar.

O último día das Xornadas falaremos de saúde, farase entrega e presentación do II Premio Xermade na Historia, e pola tarde, Maxia e Teatro para todos os públicos

 Esperando que sexan do seu agrado, agradecemos a súa difusión e participación nas mesmas.

interior triptico 2016 exterior triptico 2016

Concurso Día do libro Infantil e Xuvenil 2016

Concurso Día do libro Infantil e Xuvenil 2016. Como tódolos anos queremos conmemorar o 2 de abril, nacemento de Hans Christian Andersen, e para iso sumámonos á iniciativa de GÁLIX e convocamos ós nosos lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria a participar neste concurso: “Adopta un animal de conto”.

libro02

CURSO: EDUCAR EN COOPERATIVISMO

Dentro das actividades da Rede EUSUMO que organiza a UCETAG (Unión de Cooperativas de Ensino), vaise levar a cabo no concello de Xermade o Curso gratuito “Educar en cooperativismo” cunha duración de 20 horas, entre os días 14 e 17 de marzo de 2016.

O curso vai dirixido a profesionais da educación, do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos.

Trátase dunha actividade financiada pola Xunta de Galicia con Fondos Europeos

Adxuntamos cartel informativo e enlace para inscricións.

Inscricións curso “Educar en cooperativismo”

 

Persoa de contacto no concello de Xermade: Manuela Vilaboy Romero (Educadora familiar). Tel. 982-501001 ou 678744178

EducarEnCooperativismo2016Xermade (3)