FESTA INFANTIL SÁBADO 16 XUÑO

III Pedalada Solidaria de Xermade

Agasallos aos primeiros 75 inscritos.

23 XUÑO 2018
SAÍDA- 10 H. NA PRAZA DO CONCELLO
PERCORRIDO: XERMADE-CHARCA DO ALLIGAL
18 KM. TOTAIS. RITMO TRANQUILO E CON PARADAS PARA REAGRUPAR OS PEQUENOS

INSCRICIÓNS:

TELF. 982 510 001
Inscrición gratuíta podendo facer unha aportación na urna solidaria que terá a cruz vermella.

Os máis pequenos poden disfrutar tamén dunha xincana polos arredores do edificio do Concello.

 

 

 

Obradoiro creativo: “María Victoria Moreno, unha historia de amor”

19 de maio ás 12 do mediodía, organizamos un obradoiro creativo: “María Victoria Moreno, unha historia de amor”. Contaremos, debuxaremos e gozaremos da vida e da obra de María Victoria Moreno, coa compañía Polo Correo do Vento de Pontevedra. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos e será necesaria a inscrición previa na biblioteca para poder participar.

 

FALLO DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL “LETRAS GALEGAS 2018”

Acabamos de fallar o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2018“. Estes traballos remitirémolos á Biblioteca Nodal de Lugo onde competirán na fase provincial do “Certame”.

DEBUXO:

Categoría A, ata 8 anos:

Raúl Pérez Amarelo

Icía Ledo Maceira

Victoria García Lama

Categoría B, de 9 a 11 anos:

Sara Lorenzo Blanco

Sarai Paz Prieto

NARRACIÓN

 

Categoría B, de 9 a 11 anos:

Sarai Paz Prieto

Uxía Pena Basanta

 

 

 

XIV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. APRENDENDO COS NOSOS MAIORES. CABREIROS-XERMADE 2018

Desde o Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago, temos o pracer de presentarvos o programa das XIV Xornadas Interxeracionais Rurais, que se celebrarán en Cabreiros (Xermade) os días 26 de maio, o 01 de xuño, 02 de xuño e 09 de xuño.
Un ano máis poñemos toda a ilusión e esforzo na elaboración dunha proposta que poda ser de interese para toda a cidadanía, buscando tamén a colaboración en parte das actividades coma as Experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou o Laboratorio de radio, onde veciñas e veciños do noso concello formarán parte dunha tarde do máis entretida.
primeiro día queremos adicalo á agrogandeiría, e neste caso, por un lado coñecer as posibilidades do monte e como xestionalo para a prevención do lume e por outro, complementando a actividade da mañá, presentando iniciativas emprendedoras que facilitan a prevención dos lumes. Contaremos con dúas empresas de animais e dúas froiteiras.
día 01 de xuño desprazámonos ao CEIP de Xermade que colabora coas Xornadas nos Xogos populares e tradicionais. Desde a organización non queremos esquecer a importancia do xogo na nosa vida, a riqueza do xogo popular e a súa visibilización entre a poboación máis nova.
día 02 adicarémolo durante a mañá á saúde.
Sonia Gómez, psquiatra, falaranos dos estigmas sociais das enfermidades mentais e Fernando Prieto, veciño de Xermade, contaranos a súa visión e experiencia.
Remataremos a mañá cun obradoiro práctico de Primeiros Auxilios impartido por Mª Jesús Castro Abella, doutora no PAC de Villalba e Manuel Cabarcos Calvo, Técnico de Emerxencias Sanitarias.
A tarde estará adicada ao Laboratorio de Radio dirixido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.
Unha parte estará adicada a coñecer a experiencia de Brais Couto Carbia, alumno de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela que estivo durante un mes realizando as súas prácticas no concello de Xermade e convivindo cunha familia de Miraz.
A última parte estará protagonizada por unha serie de veciñas e veciños de Xermade que protagonizarán o RADIOTEATRO, a ficción sonora da obra de teatro “O ladrón das letras grandes”.
día 09 rematamos facendo a entrega ao traballos premiados no IV Premio de Investigación Xermade na historia e facendo a convocatoria do V Premio.
Serán presentados os traballos polas persoas premiadas.
Rematamos a mañá e adicamos tamén a tarde ao torno que tanta vida da ao concello de Xermade.
María Martín Seijo presentará un traballo sobre Arqueoloxía da madeira desde a Idade de Ferro ata a Idade Media e despois contaremos con Vicente Ledo, torneiro e cocreador do Encontro Internacional de Torneiros de Xermade.
Pola tarde, falarase do pasado, presente e futuro do torneado artesanal e haberá demostracións prácticas da utilización do torno.
Contaremos coa colaboración da Asociación Amigos da Madeira de As Pontes e de Lolo de Severiano, maestro artesán ao que describen os expertos coma “o torneiro que fala coas mans”.
Desde a organización desexamos que vos ilusione tanto coma a nós este programa feito con tanto mimo e que vos anime a querer pasar a visitarnos nestes días pola parroquia de Cabreiros.
As Xornadas son gratuitas e non é necesario anotarse.
As Xornadas Interxeracionais están cofinanciadas polo concello de Xermade e a Deputación de Lugo (Plan Único).
 
Agardámosvos en Xermade e aproveitamos a ocasión para enviarvos un afectuoso saúdo de parte de toda a organización.
 
Persoas de contacto:
 
Concello de Xermade: Roberto García Pernas (alcalde) 608105464; Manuela Vilaboy Romero (educadora familiar) 678744178
 
A. VV. de Cabreiros: José Manuel Felpeto Carballeira (presidente da Asociación) 619547072
 
Facultade de CC da Educación: Jesús Rodríguez Rodríguez 677948935

 

CAMPAMENTO DE ENTROIDO INFANTIL DE XERMADE

Lista entroido 2018 WEB CONCELLO

O luns 12, martes 13 e mércores 14 de febreiro teremos en Xermade o campamento de entroido infantil como todos os anos. Haberá 35 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no concello de Xermade.

O campamento de entroido está subvencionado polo Fondo Social Europeo, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Xermade.

Os campamentos do concello de Xermade están validados pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia como medida de conciliación para as familias.

Para calquera dúbida ou aclaración, podedes contactar coa educadora familiar na segunda planta do concello ou nos teléfonos: 982501001 extensión 3, ou 678744178.

     

Inscricións Entroido Infantil 2018

Bases Campamento entroido 2018 asinadas

Declaración xurada 2018

ENTROIDO EN XERMADE

O luns, 12 de febreiro, a partir das 9:30 da noite desfrutaremos do Entroido no Concello de Xermade. Convidamos a todo o mundo a que traia o seu disfrace e participe no concurso no que haberá premios para os tres mellores en categoría de persoas adultas e dous premios infantís.

Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar á educadora familiar 982 501001, extensión 3.

Haberá chocolate quente para todo o mundo. E acompañaranos a actuación musical do Dúo Venus.

Animádevos a participar.