O Concello de Xermade presenta os seus proxectos para o Fondo de Compensación Ambiental e o Plan de Mellora de Camiños de Agader

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 24 de febreiro en sesión ordinaria para tratar varios asuntos, entre os que destacan a solicitude de varias liñas de axudas convocadas pola Xunta de Galicia.

Unha delas é o Fondo de Compensación Ambiental, liña de concorrencia non competitiva, que asigna directamente ao concello 59.893,19 euros, cos cales se van financiar as seguintes actuacións:

a) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural:

a.1.) Contratación dun/ha técnico/a de medio ambiente e urbanismo, por importe de 14.142,26 euros (inclúe salarios e seguridade social).

a.2.) Contratación dun/ha operario/a de protección e mantemento de espazos naturais, por importe de 10.372,45 euros (inclúe salarios e seguridade social).

b) Custos de adquisición de equipamentos:

b.1.) Adquisición dun vehículo destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, por importe de de 31.238,19 euros, IVE e imposto de matriculación incluídos.

b.2) Adquisición de suxeita-colectores para o servizo de recollida de residuos, por importe de 4.137,28 euros IVE incluído.

Tamén se solicitou o financiamento dunha brigada de protección do ambiente e do espazo natural, conxuntamente co Concello de Guitiriz, con cargo á liña de concorrencia competitiva. Os gastos subvencionables son a contratación de persoal (brigada de cinco membros) durante tres meses, por importe de 24.112,10 euros, dos cales se solicita á Xunta de Galicia o 80%.

Por outra banda, A Xunta de Goberno Local acordou presentar o proxecto de obras de “Mellora de camiños municipais en Sanche, Piñeiro e O Tarrelo” para o seu financiamento con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 de Agader, sendo a cantidade asignada a Xermade 57.451,00 euros, correspondentes ao importe do proxecto, excluído o IVE.

Enlace ao proxecto: 20210213_PROYECTO AGADER 2021 signed