Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, de 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. A lei establece que, no prazo máximo de dous anos desde a entrada en vigor da lei, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Así mesmo, nese mesmo prazo, deberán aprobar un plan de actuacións para minimizar as perdas.

Por Decreto da Alcaldía núm. 2023-0110 de data 27/03/2023 adxudicouse o contrato menor de servizos “elaboración de auditoría de abastecemento e plan de actuacións para minimizar as perdas de auga do Concello de Xermade”, a Miguel Ángel Fernández Rivera, con NIF: B32694193S, por importe de  4.840,00 euros, IVE incluido, consonte á oferta presentada o 15/03/2023 (2023-E-RE-142).

En data 30/06/2023, con rexistro nº 2023-E-RE-407, presentouse a auditoría da rede de abastecemento municipal, asinada en xuño de 2023 polo  enxeñeiro de camiños, canles e portos Miguel Ángel Fernández Rivera, que inclúe un plan de actuacións para minimizar as perdas de auga. Foi aprobada por Decreto da Alcaldía núm. 2023-0294 o 390 de xuño, e publícase no portal web a efectos de acreditar o cumprimento das obrigas impostas pola Lei 9/2019 polo Concello de Xermade.

AUDITORÍA E PLAN DE MINIMIZACIÓN DE PERDAS DE AUGA DO CONCELLO DE XERMADE [PDF +]