V PREMIO DE INVESTIGACIÓN
“XERMADE NA HISTORIA”

O Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e a Facultade de CC. Da Educación da USC, convocan o V Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo e será regulado polas seguintes

BASES

  1. Os/as interesados/as poderán participar a nivel individual ou como colectivo.
  2. Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
  3. Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura,  etc).
  4. Haberá dous premios:

– 1º Premio, dotado con 2.000 euros.

– 2º Premio, dotado con 1.000 euros.

  1. Os traballos deberán ser entregados no rexistro do Concello de Xermade baixo pseudónimo, ou a través de correo postal. En sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, enderezo, teléfono…
  2. Coa presentación dos orixinais deberá ser incluída, tamén, a seguinte documentación:
  • Curriculum Vitae dos solicitantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
  • Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: xermade.org
  1. Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF ou Word, fonte Times New Roman, corpo 12, DIN A4.
  2. A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
  3. Os traballos deberán ser realizados e presentados e en lingua galega.
  4.  A data límite de presentación dos traballos será o día 15 de febreiro de 2019.
  5.  O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e  cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 15 de marzo de 2019.
  6. Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
  7.  As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo.
  8.  As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
  9.  A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
  10.  As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio.
  11.  A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.

O ALCALDE – ROBERTO GARCÍA PERNAS