A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, publicou no DOG do 26 de abril de 2021 a concesión dunha axuda máxima de 34.236,61 euros para a implementación de novas unidades destinadas a servizos de atención temperá nos concellos de Xermade, Guitiriz e Vilalba.

A posta en marcha das unidades levouse a cabo o día 28 de xullo de 2021 por un equipo interdisciplinar, formado por profesionais de distintas disciplinas (fisioterapia, psicoloxía, terapia ocupacional e logopedia) que elabora un plan personalizado de intervención no que delimitan os obxectivos e expectativas da intervención (atención, recursos e medios necesarios que se dirixen ao menor, á súa familia e ao seu contorno, ámbito de realización, liñas de actuación que se van desenvolver por cada profesional, coordinacións previstas con outras persoas e/ou profesionais que poidan intervir no plan) para dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como o facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O Servizo está ubicado en Xermade na Casa da Xuventude (antiga casa do médico), na Avenida de Vilalba, s/n.

Máis información nos Servizos Socias, no 982 50 10 02 ou no 678 744 178 (Educadora familiar).