Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

A agrupación de voluntarios de Protección civil de Xermade ten como principal obxectivo, garantir a seguridade e benestar, de todas as persoas e bens materiais nas emerxencias que, lóxicamente, acontezan no seu radio de acción. Básicamente realizan tarefas de prevención de riscos e actuacións de emerxencia que poidan acontecer en materia de protección civil.

Esta formación de voluntarios, recentemente creada, vai colaborar activamente cos diferentes corpos de seguridade, Garda Civil e outros servizos autonómicos de seguridade e emerxencias.

CAMIÓN DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS

A formación de voluntarios de protección civil en Xermade leva a cabo funcións de axuda ao cidadan ante calquera das situacións que asi o requiran, sempre en coordinación coa Central de emerxencias 112 S.O.S. Galicia .O radio de acción circunscríbese ao termo municipal de Xermade, aínda que pode facer intervencións en concellos limítrofes.

Edificio do Concello de Xermade

Tél: 982 501 001 ; Fax: 982 501 027

prot_civil