PRÓXIMA EDICIÓN DO CURSO

CONVOCATORIA DO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS (INSCRICIÓN GRATUITA)

CARTEL Lote 3 XERMADE

ANUNCIO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL

ANUNCIO-EXPOSICION-PUBLICA-CENSO-ELECTORAL

Clases Ioga Curso 2015/2016

Cartel-Ioga-2015-2016

Os cazatesouros da rede

Xoves, 22 de outubro as 18:00 H. na Biblioteca Municipal

Celebramos o Día da biblioteca cun divertido xogo de pistas que promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.

Dirixido a nen@s de 4 a 13 anos.

É necesaria a inscrición previa na biblioteca: no teléfono 982.501.055 ou no enderezo xermade.rbgalicia@eidolocal.es

PRAZAS LIMITADAS

os-cazatesouros-da-rede

XV ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA EN XERMADE

Os Encontros internacionais de Torneiros da Madeira en Galicia son unha iniciativa única na península ibérica que se celebra no Concello de Xermade dende fai 15 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos e trasladar a sociedade as súas orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece.

Durante catro días reúnense profesionais e afeccionados para compartir sabedoría e experiencia, ao tempo que achegarlle ao público en xeral o mundo da tornearía; duns e doutros depende que non se perdan as técnicas que descubriron e perfeccionaron, o longo de moitos anos, os nosos maiores.

    Se algo se pode sinalar no balance destes quince anos é que tecnicamente houbo unha evolución asombrosa e o salto cualitativo é verdadeiramente notable.

Calendario, horarios e contidos

XOVES, 17 de setembro de 2015    (descargar)

16:00 Inauguración oficial.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

16:00-19:30 Demostracións para os inscritos:
Christian Delhon. Bolas de Cantón con caixa.
José García Otero. Torneando tremedores.
Idalio Dias da Costa.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

16:00-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

16:00-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

16:00-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada.
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

 

VENRES, 18 de setembro 2015 (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).

10:30-14:00 Demostracións para os inscritos:
Christian Delhon. Bolas de Cantón con caixa.
Julio Guntín Curras. Torneando salomónicos.
Idalio Dias da Costa.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

16:00-19:30 Demostracións para os inscritos:
Christian Delhon. Bolas de Cantón con caixa.
José García Otero. Torneando tremedores.
Idalio Dias da Costa.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada.
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

 

SÁBADO, 19 de setembro de 2015 (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).

10:30-14:00 Demostracións para os inscritos:
Christian Delhon. Bolas de Cantón con caixa.
Julio Guntín Curras. Torneando salomónicos.
Idalio Dias da Costa.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

16:00-19:30 Demostracións para o público por parte dos relatores e de Manuel Castro Romero (torneando con llerga).
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada.
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

16:00-19:30 Espazo de iniciación o torneado supervisado por monitores.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

18:00-19:30 Escolma das pezas para a Exposición Itinerate CONtornos.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

 

DOMINGO, 20 de setembro de 2015

10:30-14:00 Demostracións para o público por parte dos relatores e de Manuel Castro Romero (torneando con llerga).
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-14:00 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-14:00 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-14:00 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada.
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

14:00 Clausura oficial.
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

encontro de torneiros2015

Campamento de verán

Campamento de verán que se desenvolverá do 3 ao 14 de agosto, en horario de 8 a 14 ou de 10:30 a 14 horas, de luns a venres, no pavillón polideportivo de Xermade.

Entre as actividades que faremos este ano está: saída ao parque acuático de Cerceda o día 5 (mércores); saída ao lago Das pontes o venres 7 (faremos vela e paseo en barco); saída a Esmelle o día 13 (faremos unha xornada de convivencia cos campamentos de Covas e Esmelle).

Ademais teremos un día de atención á natureza e medio, farase unha exposición de fotos feitas polas nenas e nenos; teremos unha xornada de floclore popular onde actuarán distintas nenas e nenos, con cante, baile tradicional, e tocarán instrumentos como acordeón, frauta traveseira, pandeireta, gaita…; outro día teremos xente invitada, do concello de Xermade facendo actividades e oficios de antano (e de hoxe), palilleras, labor de gancho, calceta, tecedora (cun tear), “zoqueiro“, etc. Un dos días ademais teremos diferentes maquinarias de traballo agrícola cedidas por veciñas/vos de Xermade, unha segadora, malladora, limpadora, arados…

Este campamento é gratuíto e contamos con 50 prazas que xa están cubertas.

Cartel-Campamento-Infantil-2015

Contacontos Venres 19 de Xuño

CONTACONTOS_02