Entroido infantil

Entroido_Infantil_2015

14 e 15 de Febreiro – Sábado e Domingo: Entroido infantil de 4 a 7 da tarde no pavillón polideportivo de Xermade. Prazas limitadas. Inscricións no concello ou por teléfono: 982501108 – 678744178 (Manuela). Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Teatro en Xermade o día 22 de febreiro

Cartel-Teatro-Febreiro-Xermade
O día 22 de febreiro, domingo, ás 5 da tarde, no salón de actos do Colexio de Xermade, actuará o grupo de teatro da A.VV. de Roupar.

A obra que van a interpretar está baseada en textos de José Luis Prieto e titúlase “Mañá virá o penúltimo tren”

As actrices e actores que forman este grupo de teatro afecionado son: Pilar Gómez, Berta Prieto, Sonia López, Puri Pena, Marina Pita, Pepe Vilar, Josefa Maseda, Marcelino Hermida e Herminia Pardo; todas/os veciñas/os de Roupar e Lousada.

Dirixe: Agustín Bolaños

Esta obra xa a estrearon fai uns meses en Roupar.

Entroido 2015

entroido xermade 2014

Luns, 16 de Febreiro, a partir das 21:30 horas no pavillón Polideportivo de Xermade

– Actuación de Sandra Patricia

– Premios aos tres mellores disfraces:

1º Premio 150 €uros

2º Premio 100 €uros

3º Premio 50 €uros

Bases Entroido 2015

ACTIVA 2014

CARTEL01

VENRES, 12 DE DECEMBRO, ÁS 7 DA TARDE, NA CÁMARA AGRARIA
Obradoiro APRENDE A FALAR EN PÚBLICO
Dirixido a persoas de 16 a 30 anos.
HAI QUE APUNTARSE NO CONCELLO DE XERMADE
PRAZAS LIMITADAS.
PRAZO PARA APUNTARSE: XOVES, 11 DE DECEMBRO

I Exposición Monográfica B Perro de Agua Español

perro_de_agua

CLASES ADMITIDAS

A) CLASE CAMPEONES (C.CH.)

Para los ejemplares que tengan el titulo de Campeón de España o de un pais extranjero   reconocido por la FCI. Y por la Real Sociedad Canina de España

B) CLASE VETERANOS (C.V)

Para perros a partir de 7 años

C) CLASE ABIERTA (C.A)

Para perros mayores de 15 meses

D) CLASE INTERMEDIA (C.I)

Para perros de 15 a 24 meses

E) CLASE JOVENES (C.J)

Para perros  con más de 9 y menos de 18 meses

F) CLASE CACHORROS (C.C)

Para perros a partir de 5 y menos de 9 meses

G) CLASE MUY CACHORROS (C.MC)

Para perros hasta 5 meses

H) CLASE PAREJAS (C.P)

Para macho y hembra del mismo propietario, debiendo estar inscritos en las clases anteriores

I) CLASE DE CRIA (C.CR)

Para grupo de 3 ejemplares o más, sin distinción de sexo, de un mismo criador, aunque no sean de su propiedad en el momento de la prueba, debiendo estar inscrito en las clases anteriores

Seminario de Agricultura en Gandería Ecolóxica

Hai que apuntarse previamente e cubrir unha ficha no Concello de Xermade.
Prazo de inscrición: 24 de novembro

agricultura_ecoloxica

 

O Concello de Xermade convoca un premio de investigación histórica

O Concello de Xermade, aproveitando a celebración da décima edición das Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, presentou o I Premio de Investigación Xermade na Historia, un certame que repartirá 3.000 euros como recoñecemento aos dous mellores traballos presentados

XII Encontro Internacional de Torneiros de Madeira en Xermade

Do 21 ao 23 de setembro desenvolverase o XII Encontro de Torneiros en Galicia na localidade de Xermade. Teremos tres xornadas para participar e gozar de diversas actividades relacionadas con este tipo de artesanía, dende talleres de deseño ata exposición e venda de maquinaria.
O venres día 21 de setembro, poderemos internarnos en calquera dos tres talleres que se desenvolverán simultáneamente dende as 10 da mañá. Deberemos escoller entre descubrir los secretos do torneado translúcido da madeira, nun taller dirixido por Isabelle Martin; ou coñecer algúns conceptos de deseño seguindo os sabios consellos de Jacques Vesery; ou participar no interesante taller deBenoit Averly sobre cuncas e cajas.Esa mesma tarde, e na mañá do sábado, repetiranse estes talleres coa finalidade de que o público teña a posibilidade de asistir aos tres e non perderse nin un detalle deste XII Encontro. Todas estas actividades terán lugar no Polideportivo Municipal de Xermade.

Simultáneamente ao desenvolvemento destas actividades poderase visitar a V Exposición itinerante de madeira torneada, que estará exposta venres e sábado, no mesmo recinto, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.

Na xornada do sábado pola tarde, teremos un espazo de torneado participativo, coa elaboración dunha peza conxunta por parte dos participantes; ademais de demostracións dos expertos invitados e un interesante espazo de iniciación para aqueles que se atrevan a experimentar in situ coa madeira.

O XII Encontro pecharase o domingo 23 cunha avaliación do evento por parte dos participantes no salón de actos do Colexio Público deXermade. Mentres no Polideportivo haberá un oco para atender a decoradores, interioristas, responsables de galerías de arte e de tendas de artesanía; e continuarán as demostracións ao público.

Se durante estes tres días nos interesa facer algunha compra tamén poderemos facelo, xa que haberá unha exposición-venda de maquinaria, ferramentas e publicacións relacionadas con esta temática e aberta ao público en xeral.

A clausura será o domingo sobre as 13:30 horas, a cargo do alcalde de Xermade, D. TomásRodríguez Arias.