🖥️ 𝓒𝓪𝓶𝓹𝓪𝓶𝓮𝓷𝓽𝓸 𝓓𝓲𝔁𝓲𝓽𝓪𝓵 𝓮𝓷 𝓧𝓮𝓻𝓶𝓪𝓭𝓮
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.
Os seus obxectivos son formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital, e contribuír á mellora da calidade de vida e a un aumento da súa participación activa na sociedade.
A aprendizaxe está exposta como un xogo, a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.