“Xela, aventura na fraga” na biblioteca
Este xoves tivemos unha contada moi especial. Inma, sen apelido porque é veciña do noso concello, veu facernos unha contada de “Xela, aventura na fraga“conto baseado no seu libro homónimo e segundo da serie.
A través dos descubrimentos de Xela, unha nena valente e curiosa, resolvimos unha misteriosa desaparición mentres fomos descubrindo a beleza e a biodiversidade que nos rodea. Plumas, pegadas e cacas axudáronnos a atopar de que animal se trataba.
Que ben o pasamos!