WANTED: SE BUSCA MAG@

🧙🏽‍♂️ Dobre M atópase na procura activa de novos Magos e Magas. Chega ás nosas vidas para mostrarnos como todos e cada un de nós albergamos verdadeira MAXIA no interior.
🔮Un show repleto de MAXIA e HUMOR no que Dobre M conseguirá que os efectos máxicos sexan realizados tamén polo público.
🪄 Activo, dinámico, participativo e adaptado para o goce de toda a familia. Prepárense para vivir unha experiencia máxica que fará rir tanto a grandes como a pequenos/as.
👨‍👨‍👧‍👧 Público: infantil 3-12 anos e familiar.
Programa Dinamiz-ARTj Promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN)

Outras entradas