Traballos premiados no certame Letras Galegas
Xa temos fallo do xurado da fase local do certame de narración e debuxo infantil “Letras Galegas 2025”. Reproducimos a continuación a acta:
“Reunido o xurado do certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2025 na sala de xuntas da biblioteca municipal de Xermade :
– presidenta, dona Nélida Coira Pena, concelleira delegada de Benestar social, Igualdade e Participación cidadá do Concello de Xermade
– vogais: don José Carlos Pérez López, mestre de plástica do CEIP de Xermade; dona Uxía Lamas Paz, mestra de infantil do CEIP de Xermade e dona Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade
– secretario don Marcos Saavedra Blanco, auxiliar de biblioteca do Concello de Xermade.
Os traballos foron presentados ao xurado anonimamente unicamente numerados pola parte de atrás do 01 ao 26 e co único dato da idade da persoa participante.
Presentáronse 26 traballos distribuidos do seguinte xeito:
– 4 de narración todos eles da categoría B (9-11 anos)
– 22 de debuxo: 10 da categoría A (até 8 anos), 11 da B (9-11 anos) e 1 da C (12-16 anos)
Comezouse polos premios de narración. Foron premiados os traballos número 03, 13 e 15. Aberto o sobre viuse que pertencían a:
Don Lois Martínez Bermúdez (11 anos), dona Elena Gato Ares (9 anos) e dona Xela Prieto Lomba (11 anos).
O xurado acordou de xeito unánime dar un accésit ao traballo número 09, premiado cun lote de libros. Porén non levará diploma nin participará na fase provincial do certame organizado pola biblioteca pública de Lugo. Aberto o sobre resultou ser de Dona Martina Fernández Salgado.
Nos premios de debuxo premiouse o único traballo da categoría C, o 23, que resultou ser de dona Tamara López López (12 anos).
Na categoría B o xurado premiou os traballos 02, 18 e 21, que resultaron ser de Raúl Pérez Amarelo (10 anos), Noa Román Pardiño (10 anos) e Lucía Puentes Lostre (10 anos)
Na categoría A o xurado premiou os traballos 10, 11 e 12, que resultaron ser de Sara García Campello (4 anos), Carme Ruibal Saavedra (4 anos) e Uxía Cazás Pardiñas (7 anos).
En Xermade, a 27 de maio de 2025.”
Os traballos premiados pasan agora á fase provincial do certame promovida pola Biblioteca Pública de Lugo e financiada pola Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.
A entrega de premios será o xoves 19 de xuño ás 17h30 na Biblioteca Municipal de Xermade.