Toma posesión a nova auxiliar de biblioteca

A biblioteca municipal de Xermade comeza unha nova etapa coa incorporación de Laura María Pardo Vila como auxiliar de biblioteca titular da praza, despois de superar o proceso selectivo en execución da Oferta de Emprego Público do ano 2024.  Tomou posesión hoxe como funcionaria de carreira.

A biblioteca fixo 30 anos no ano 2024. Foi María González Cabarcos a bibliotecaria que a puxo en funcionamento no ano 1994. A labor realizada por esta xermadesa foi recoñecida con premios como o María Moliner, que a biblioteca gañou en varias ocasións. 

Actualmente os fondos bibliotecarios ascenden a 11477 publicacións e o número de préstamos no ano 2024 foi de 826. 

Outras entradas