Socios de honra 2025
Hoxe realizouse a entrega dos premios aos socios de honra da nosa biblioteca.
A concelleira Verónica Amarelo fixo entrega dos diplomas acreditativos ás persoas lectoras que máis préstamos efectuaron no ano 2025: Carolina Martín, na categoría adulta, e Yeray Piñeiro, na categoría infantil.
Ademais do diploma, as persoas premiadas recibiron diversos agasallos —lotes de libros, caderno de lectura, libretas, camisetas… — e, como recoñecemento especial, poderán beneficiarse da ampliación do número de préstamos e do prazo de devolución.
Grazas por contribuír, co voso compromiso lector, a manter viva a nosa biblioteca.





