Sobes ao autobús do teatro?
O Concello de Xermade organiza unha nova saída cultural para desfrutar do teatro galego coa proposta “A Gaivota. Ensaio aberto”, unha produción do Centro Dramático Galego baseada na obra de Antón Chejov, con dramaturxia e dirección de Santiago Cortegoso e Neto Portela.
📅 Domingo, 4 de outubro de 2026
🚌 Saída: 15:20 h | Praza do Concello de Xermade
🎭 Función: 18:00 h | Salón Teatro de Santiago de Compostela
🚌 Regreso: 19:45 h aproximadamente
💶 Prezo: 5 € (en efectivo o mesmo día da obra)
📩 Inscricións: whatsapp ó 678 744 178 co nome e apelidos ou a educadora.familiar@xermade.org
⏰ Prazo de inscrición: ata o 1 de outubro
✨ Unha oportunidade para achegarnos ao teatro profesional galego e vivir unha experiencia cultural diferente.
👥 Recomendado para +14 anos. Prazas limitadas.
Anímate e acompáñanos a Santiago! 🎭🚌





