Sesión ordinaria do Pleno da Corporación

A Corporación xermadesa reuniuse o pasado xoves 9 de novembro en sesión ordinaria para tratar asuntos de grande relevancia para a xestión municipal:
1º. Aprobación do Plan de ordenación de recursos humanos para a redución da temporalidade no Concello de Xermade no período 2023-2026: co que se prevé aprobar unha Oferta de Emprego Público extraordinaria antes do 31/12/2023 a fin de incluir tres prazas que se atopan vacantes na Relación de Postos de Traballo en vigor: Informe-proposta da Plan de ordenación de RR.HH.
2º. Aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2024-2026, que trae como novidade un aumento significativo do importe das axudas a asociacións para o fomento de actividades culturais e deportivas de interese municipal: ANUNCIO APROBACIÓN PLAN EXTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2024-2026
3º. Aprobación do orzamento do exercicio 2024 e documentación anexa: MEMORIA DA ALCALDÍA
Por outra banda, douse conta do Plan anual de contratación aprobado pola Alcaldía, así como do Período Medio de Pago correspondente ao 3º trimestre deste ano, que é de 9,44 días.
O Pleno acordou conceder dúas bonificacións do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras a SAT AS CAVADAS, por dúas obras relacionadas coa explotación gandeira da que é titular en As Cavadas e Aboelle.