Recuperación da antiga praia fluvial de Cabreiros
O Concello de Xermade ven de xustificar a execución da obra de mellora da praia fluvial de Cabreiros, co financiamento da Deputación de Lugo a través dun convenio de colaboración asinado en decembro do ano 2024.
Xunto con esta actuación, levouse a cabo a mellora de vías municipais nos lugares de Amosa e Cristo, tamén na parroquia de Cabreiros. O investimento total ascendeu a 102.196,87 euros, dos cales o concello achegou 24.968,09 euros e a Deputación 77.228,78 euros.





