Primeiro pleno ordinario do 2026
A Corporación xermadesa celebrará a primeira sesión ordinaria do pleno do ano 2026 o vindeiro xoves ás 20.00 horas.
Na parte resolutiva inclúense dúas bonificacións do 95% do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras a dúas explotacións gandeiras do municipio, e tamén se propón un incremento da subvención nominativa prevista para a Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe Xermade, que pasa dos 500 aos 1500 euros, a fin de poñer en marcha o servizo de madrugadores no centro educativo neste mes de xaneiro.
A sesión poderá seguirse en streaming a través da páxina web: https://xermade.seneca.tv/activity




