Presentación de “A noite que se foi a luz”

Unha trintena de persoas acompañaron onte na sala de xuntas da biblioteca a Manuel Castro Santamariña na presentación da súa primeira novela “A noite que se foi a luz“.

Alfonso Blanco, coordinador de Xermolos, a asociación que edita o libro, destacou a importancia e amabilidade dun libro que recolle un mundo rural do que hai que se orgullar.

Xoán Carlos Vivero, gañador do X premio Xermade na Historia cun traballo sobre a sociedade Progreso de Lousada, lembrou que no edificio da biblioteca foi onde deu as súas primeiras aulas cando aínda era escola e animou á lectura dun libro cun estilo áxil e directo que recomenda para todas as idades: á xente maior vaille traer lembranzas e a mais nova vai poder descubrir un mundo tan próximo e tan distante.

Manuel Castro agradeceu a Xermolos a súa xenerosidade pola publicación “desta cousiña que dei en argallar na pandemia” e ás persoas asistentes a presenza nun sitio moi especial na súa vida pois de mestre en Xermade botou a metade da súa carreira profesional. Es

O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, agradeceulles tanto a súa presenza como o seu traballo en prol da lingua e a cultura galegas convidándoos a vir sempre que teñan algún traballo que presentar e desexando que a próxima presentación sexa xa no auditorio que se está a construir na antiga reitoral.

Outras entradas