Melloras no servizo de recollida de residuos
O Concello de Xermade continúa coa súa campaña de adquisición de composteiros domésticos, a fin de que toda a veciñanza do municipio poda realizar compostaxe doméstica.
O Concello de Xermade conta con 1734 habitantes. A poboación, prácticamente a totalidade, residen en vivendas unifamiliares, das que nestes momentos están habitadas unhas 720, dando un ratio de 2,4 habitantes por vivienda.
Neste ano 2025 mercáronse 117 composteiros, estimándose que cos mesmos se compostarán 33,3 t/ano, e o compost producido en 9,9 t/ano (9.900 kg).
As persoas participantes recibiron unha charla de formación de 1,5 h xunto con un manual de compostaxe.
Por outra banda, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental adquiríronse 13 suxeitacontenedores, que contribuirán a evitar que as inclemencias meteorolóxicas os despracen e así aumentar a súa vida útil.





