Mellora da fachada posterior da biblioteca

A biblioteca atopábase afectada por un grave problema de humidades no exterior do edificio, que se manifestaba en filtracións de auga e na proliferación de fungos nas paredes.

As obras consistiron na limpeza previa da fachada con auga a presión e posteriormente déronse dúas mans de pintura plástica de cor branca previa aplicación dunha man de imprimación acrílica e aplicación dunha solución de auga e lixivia ao 10 % para eliminar as manchas de mofo ou humidade presentes na fachada.

O resultado da intervención supón unha mellora tanto das prestacións hidrotérmicas da biblioteca municipal así como a protección e mellora estética dun inmobel de valor patrimonial ao atoparse catalogado. A maiores mellora as condicións de salubridade e seguridade para os usuarios e o persoal e reforza a imaxe da biblioteca como espazo acolledor e funcional para a comunidade.

O Concello de Xermade foi beneficiario dunha axuda por importe de 6.500,00 euros. A porcentaxe de financiamento da Xunta de Galicia ascende ao 62,12%. A porcentaxe de autofinanciamento é do 37,88%.

Outras entradas