Incorporación do persoal financiado co programa reforzo do emprego 2025

O Concello de Xermade nomeou na data de onte ao persoal funcionario interino financiado pola Deputación de Lugo a través do programa “reforzo do emprego” do Plan de Cooperación cos Concellos do ano 2025.
Trátase de catro operarios de edificación e obras públicas, que prestarán servizos do 17 de decembro de 2025 ao 31 de outubro de 2026, reforzando o cadro de persoal para a realización de obras e servizos de rehabilitación de espazos públicos. O custe estimado destas contratacións ascende a 83.171,05 euros e son financiados integramente con fondos provinciais.

Outras entradas