Incorporación de dous operarios ao cadro de persoal municipal
Por Decreto da Alcaldía núm. 2025-0596 de data 24/11/2025 acordouse nomear funcionarios de carreira a D. Abel Pérez Corral e D. Juan José González Vázquez nas prazas de operario de servizos múltiples (SM-01 e SM-02), encadradas na Escala de Administración Especial, Subescala servizos especiais, vacantes na Relación de Postos de Traballo do Concello de Xermade, en execución da Oferta de Emprego Público extraordinaria do ano 2023. Ambos tomaron posesión das súas prazas o pasado 1 de decembro de 2025.





