Entrega de premios do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas 2026

A biblioteca acolleu onte o acto de entrega de premios do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas 2026, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creatividade, a expresión artística e o uso da lingua galega entre a veciñanza máis nova.

Durante o acto recoñeceuse o traballo das persoas gañadoras nas modalidades de narración e debuxo, destacando a calidade das obras presentadas e a elevada participación nesta edición do certame.

A xornada completouse cunha actuación de Trémola Teatro “As letras que voan con nome de muller” que permitiu ao público asistente gozar dunha tarde de convivencia arredor das Letras Galegas, poñendo en valor a importancia da nosa lingua e do noso patrimonio cultural.

Desde o Concello queremos felicitar a todas as persoas participantes polo seu esforzo e creatividade, así como agradecer a colaboración das familias e de todas as persoas que contribuíron ao éxito desta actividade.

 

Outras entradas