💜 DEFENSA PERSOAL FEMININA EN XERMADE

🟣 25N | DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Con motivo do 25N, o Concello de Xermade organiza unha formación gratuíta de defensa persoal feminina, un espazo de aprendizaxe no que as mulleres poderán adquirir ferramentas e recursos para previr situacións de risco, reforzar a súa seguridade e saber como actuar ante posibles agresións.

A formación combinará contidos teóricos e prácticos. Traballaranse aspectos psicolóxicos relacionados coa violencia, nocións básicas do Código Penal, técnicas de prevención e estratexias de actuación, así como diferentes técnicas de defensa ante posibles agresións.

Un curso pensado para gañar confianza, fortalecer a autonomía e sentirse máis seguras en todos os ámbitos da vida.

📅 28 e 29 de novembro de 2026
🕓 De 16:00 a 20:00 h
📍 Pavillón Municipal de Xermade

✅ Formación gratuíta.
✅ Non se require experiencia previa.

📞 Inscricións: no whatsapp do 678 744 178

Porque a prevención, a autonomía e a seguridade tamén son ferramentas para combater a violencia contra as mulleres.

Outras entradas