Curso de introdución á lingua e á cultura galegas

📣 Aprende galego e coñece a nosa cultura!

Queres dar os teus primeiros pasos en galego? 🗣️💙

Chega a Xermade o 𝘾𝙪𝙧𝙨𝙤 𝙙𝙚 𝙄𝙣𝙩𝙧𝙤𝙙𝙪𝙘𝙞ó𝙣 á 𝙇𝙞𝙣𝙜𝙪𝙖 𝙚 á 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖 𝙂𝙖𝙡𝙚𝙜𝙖𝙨, unha formación presencial de 20 horas, pensada para persoas maiores de 16 anos que queiran iniciarse no galego, sen necesidade de coñecementos previos.

📚𝘘𝘶𝘦 𝘢𝘱𝘳𝘦𝘯𝘥𝘦𝘳á𝘴?

• Vocabulario e expresións básicas para o día a día
• Pronunciación, gramática e ortografía
• Comunicación oral e escrita
• Cultura, historia, tradicións, música e gastronomía de Galicia

📅 Datas: 28, 29 e 30 de setembro; 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro
Horario: de 16:00 a 18:30 h
📍 Lugar: Biblioteca Municipal de Xermade
🎓 20 horas de formación + diploma emitido pola Xunta de Galicia

⚠️ IMPORTANTE: prazo de 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢ó𝐧 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟏𝟎 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨!

📝 Inscrición na Biblioteca e no Concello (Educadora Familiar).

📞 Máis información: 678 744 178 / 982 50 10 55

👉 Anímate a aprender galego, gañar confianza para falalo e achegarte á cultura de Galicia!

Outras entradas