Crear, ler e viaxar: novo obradoiro na Biblioteca de Xermade
A Biblioteca Municipal de Xermade acollerá o vindeiro 9 de outubro, ás 17:30 horas, un novo obradoiro de animación lectora incluído no programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A actividade, dirixida a crianzas de 4 a 8 anos, propón unha viaxe polo mundo a través dos libros e das historias doutras culturas. As persoas participantes serán protagonistas dunha proposta especialmente práctica e creativa, na que elaborarán os seus propios marcapáxinas mediante técnicas de collage e origami.
O obradoiro permitirá achegarse á lectura dun xeito participativo, fomentando a imaxinación, a creatividade, a inclusión e o respecto pola diversidade cultural.
A actividade será impartida por Atelier Slowly · Ler e Crear e terá lugar na Biblioteca Municipal de Xermade.
As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición ata o mércores 7 de outubro na Biblioteca Municipal de Xermade.
Data: 9 de outubro
Hora: 17:30 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Xermade
Idades: de 3 a 8 anos





