Certame de poesía “Nadal 2025”

Bases do “CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2025” aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade en sesión ordinaria celebrada o 19/11/2025:

 

“CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2025”

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE XERMADE, convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2025” (Fase local), de acordo coas seguintes BASES:

Participantes: pode participar calquera neno ou nena, rapaz ou rapaza ata os 16 anos. Establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.

Tema: o Nadal.

Língua: os poemas estarán redactados en galego.

Extensión: terán unha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Poderán presentarse escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis.

Identificación dos autores: cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe con cadansúa folla de datos cumprimentada en letra maiúscula lexible. Os datos identificadores irán nesta folla de datos, nunca no traballo presentado.

Prazos: O prazo de presentación rematará o 19 de decembro de 2025 debendo ser entregados na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.

Xurado: Un xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará para cada categoría os traballos gañadores. Os autores premiados recibirán un DIPLOMA ACREDITATIVO E LOTE DE LIBROS.

Fallo: o fallo do xurado local farase público no mes de xaneiro do 2026.

Fase provincial: Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Propiedade dos traballos: os traballos premiados serán propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos. A Biblioteca publicará cada ano un libriño conmemorativo que recollerá os traballos premiados o ano anterior.

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

A presentación de obras a este certame supón a aceptación das presentes bases”.

A Xunta de Goberno acordou tamén designar como membros do xurado as seguintes persoas:

-Presidenta: Dona Nélida Coira Pena, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación
Cidadá do Concello de Xermade

-Vogais:
1º Dona Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade
2º Don Rubén López Eiras, director do CEIP de Xermade
3º Dona Sandra de Bernardo Eimil, concelleira do Partido Popular de Xermade

-Secretario: Don Marcos Saavedra Blanco, auxiliar de biblioteca do Concello de Xermade.

Outras entradas