Certame de Debuxo e Narrativa das Letras Galegas 2026
Un ano máis convocamos o Certame de Debuxo e Narrativa das Letras Galegas, unha iniciativa dirixida a fomentar a creatividade, a lectura e o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade.
Poderán participar nenas e nenos de ata 16 anos mediante:
- Unha narración en galego cunha extensión máxima dunha folla.
- Un debuxo realizado en papel ou cartolina tamaño DIN A4.
Categorías
- Categoría A: ata 8 anos
- Categoría B: de 9 a 11 anos
- Categoría C: de 12 a 16 anos
As persoas gañadoras participarán posteriormente na fase provincial do certame.
Tema: “Medrar lendo”
Ao longo da vida hai momentos que nos marcan: cando aprendemos a ler as primeiras palabras, cando descubrimos un conto que nos fai rir sen parar ou cando atopamos unha historia que parece falarnos directamente ao corazón.
Convidámosvos a recordar e expresar eses instantes especiais nos que os libros se converteron en compañeiros de viaxe, axudándonos a comprender o mundo, a sentirnos acompañados e a imaxinar novos camiños.
Animamos a todas as nenas e nenos a participar e compartir a súa creatividade arredor da lectura e da lingua galega.





