Entries by Educadora Familiar

En negro contra as violencias 2020

Un ano máis, o Concello de Xermade tinguirase de negro con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, xa que mantemos a adhesión á campaña ‘En Negro Contra As Violencias’, acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela. Este […]

Aprazamento do comezo das Escolas Culturais 2020/2021

O Concello de Xermade lamenta comunicar que, dada progresión actual da Covid-19, posponse o comezo das actividades culturais, concretamente, os cursos de “Costura”, “Faino ti mesm@” (manualidades) e “Xabóns e cremas”. Ante as restricións de aforo establecidas pola Consellería de Sanidade durante o mes de outubro, e dado o tamaño reducido das aulas onde se […]

Maxia pola igualdade

  Na próxima feira, o xoves día 3 de setembro, ás 12.30 chega a Xermade o espectáculo infantil ‘A igualdade é maxia’, da man do mago Javier Muro, que busca concienciar na igualdade entre homes e mulleres e a non violencia na sociedade. Dun xeito ameno, trataremos temas como as profesións, os xoguetes,  tarefas do […]

XIII CAMPAMENTO INFANTIL “XERMADE CONCILIA 2020”

 Datas: do 27 de xullo ata o 14 de agosto (agás festivo)    Dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos.    Horario: Completo: 8.00 a 14:00 (de haber alomenos 5 inscritos/as) Reducido: 10.30 a 14:00   Actividades: Xogos de artes, obradoiros tradicionais, pintura, música… Saídas a Cerceda, praia, acampada e … ¡¡festa!! […]

Certame “Arte-llando contra o virus”

O Concello de Xermade convida a todo o alumnado do CEIP de Xermade a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica, no que expresen a forma de ver a actual situación xerada polo COVID 19: como viviviron o confinamento, as fases da desescalada, ou como se imaxinan o futuro.   Bases Arte-llando   […]

VII Premio “Xermade na Historia”

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou as bases e a convocatoria do VII Premio de investigación “Xermade na Historia”, na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 2020.   O Boletín Oficial da Provincia publica o 6 de xuño de 2020.     O prazo de presentación dos […]