Adxudicación dun investimento incluído no Plan Único 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou, na sesión celebrada o 27 de maio de 2020, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra “Reparación de estradas en Reguengo, Xemaré, Vilariño, Xermade, Pena de Egua, Fonxérez, Pena de Arca, etc.”, por importe de 42.106,97 euros e 8.842,46 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 50.949,43 euros (IVE engadido) e ampliación de garantía de catro (4) anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 16.219,61 euros e serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.