A piques de rematar as obras de rehabilitación da Reitoral de Xermade
24.01.2026
O Concello de Xermade vén de xustificar diante do Instituto de Transición Xusta a execución do 60% das obras contempladas no proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral para transformalo nun Centro Internacional da Torneiría. Tanto a obra como os honorarios dos técnicos están financiados ao 100% cunha subvención do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
O Concello prevé que o edificio se poida inaugurar na primavera do ano 2026.




