Excursión a Ordes ó Tarde Piaches da TVGA
🎤 QUERES VIR DE PÚBLICO A TARDE PIACHES DA TVG?
O domingo 13 de decembro temos unha proposta diferente! Desde o Concello de Xermade animámoste a participar como público no programa Tarde Piaches da Televisión de Galicia. 📺
Unha oportunidade para vivir de preto a experiencia da televisión, compartir unha tarde entretida e desfrutar dunha xornada diferente.
🗓️ Domingo, 13 de decembro
🕞 De 15:30 a 19:30 h.
📍 Ordes (TECX45).
🚌 Transporte gratuíto desde Xermade, con paradas en:
- 13:15 h. Casa Escola de Cabreiros.
- 13:20 h. Praza do Concello de Xermade.
- 13:30 h. Campo da Feira de Momán.
🥪 Ao chegar haberá bocadillos, froita e auga á disposición das persoas asistentes.
📞 Confirma a túa asistencia antes do 24 de novembro chamando ao 678 74 41 78 (Lucía).
⚠️ Prazas limitadas: só 35 persoas!
Unha actividade dirixida á veciñanza de Xermade e a todas aquelas persoas que queiran sumarse. Anímate e ven vivir a televisión desde dentro





