Sobes ao autobús do teatro?

O Concello de Xermade organiza unha nova saída cultural para desfrutar do teatro galego coa proposta A Gaivota. Ensaio aberto, unha produción do Centro Dramático Galego baseada na obra de Antón Chejov, con dramaturxia e dirección de Santiago Cortegoso e Neto Portela.

📅 Domingo, 4 de outubro de 2026
🚌 Saída: 15:20 h | Praza do Concello de Xermade
🎭 Función: 18:00 h | Salón Teatro de Santiago de Compostela
🚌 Regreso: 19:45 h aproximadamente
💶 Prezo: 5 € (en efectivo o mesmo día da obra)
📩 Inscricións: whatsapp ó 678 744 178 co nome e apelidos ou a educadora.familiar@xermade.org
⏰ Prazo de inscrición: ata o 1 de outubro

✨ Unha oportunidade para achegarnos ao teatro profesional galego e vivir unha experiencia cultural diferente.

👥 Recomendado para +14 anos. Prazas limitadas.

Anímate e acompáñanos a Santiago! 🎭🚌

Outras entradas