A Biblioteca Municipal de Xermade acolle a exposición «A beleza da natureza», de Iris Debasa
A Biblioteca Municipal de Xermade acollerá, do 10 ao 24 de setembro, a exposición «A beleza da natureza», da artista Iris Debasa.
A mostra está composta por un total de 36 obras realizadas con carboncillo, lapis e rotulador negro, nas que a autora busca expresar a beleza presente no contorno que nos rodea, con especial atención aos animais.
A través das súas obras, Iris Debasa pretende transmitir as emocións que xorden a través dunha mirada, un aloumiño ou un sorriso, así como poñer en valor a beleza que os animais irradian coa súa presenza e polo feito de formar parte das nosas vidas.
A inauguración da exposición terá lugar o xoves 10 de setembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Xermade.
A exposición poderá visitarse de maneira gratuíta durante o horario de apertura da biblioteca:
- Luns e xoves: de 15:30 a 20:00 horas.
- Martes, mércores e venres: de 11:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas.
Desde o Concello de Xermade e a Biblioteca Municipal anímase á veciñanza a achegarse a coñecer esta mostra artística e descubrir, a través da mirada da súa autora, a beleza da natureza e dos animais que nos acompañan.





