VII Trofeo Manuel González Fernández

 

Listado admisión no Campamento de Verán 2017

Adxuntamos persoas admitidas no campamento de verán infantil 2017. Actividade subvencionada polo Fondo Social Europeo, pola Xunta de Galicia. Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade e o concello de Xermade.

O programa de Conciliación “Xermade concilia” solicítase á Secretaría Xeral da Igualdade a través da Resolución do 16 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017 (SI435B, SI435A, SI427B

 

Listado Campamento Infantil deVerán 2017

 

X CAMPAMENTO INFANTIL DE VERÁN 2017

Un ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”.

O campamento celebrarase desde o día 31 de xullo ata o 18 de agosto, de luns a venres. O horario será de 10:30 a 14:00 horas con horario desde as 8:00 para as familias que o precisen, tendo que haber un grupo mínimo de 5 nenas/os.

Entre as actividades a realizar contaremos con tres saídas, unha ao parque acuático de Cerceda, outra á praia e outra ao lago das Pontes. Eses días o horario será continuado ata as 7 ou 7:30 da tarde aproximadamente.

O penúltimo día faremos velada nocturna con pernocta para todas as nenas e nenos que se queiran quedar.

As inscricións faranse no Rexistro do concello de Xermade desde o día 3 de xullo ata o día 14. Non se recollerán inscricións posteriores.

Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa educadora familiar: 982501001 extensión 3, ou na segunda planta do concello de Xermade.

Bases definitivas Campamento verán 2017 asinadas Alcalde

Inscrición Campamento 2017 ANEXO I